Seguimos na loita

Victoria dos nosos nun partido que aínda que se presumía doado, por ser fronte o colista da categoría, non o foi nin moito menos.

O Suevos comenzou adiantándose no marcador (6′) e tocou remar contracorrente. No minuto 20 o resultado xa era favorable ó Atlético San Pedro por 3-1 con 3 goles de Diego, o primeiro (11′) un golazo de volea desde 25 metros, o segundo (19′) de penalti e o terceiro (20′) definindo nun man a man co porteiro visitante. Voltaría a marcar o Suevos para facer o 3-2 (23′) co que se chegaría o descanso. Unha primeira parte na que non se tivo o partido baixo control e na que mesmo puido caer algún gol máis para os dous lados.

Na segunda metade continuou esa sensación de non ter o control aínda que co 4-2 (49′) obra de Juli acadóuse certa tranquilidade de que os 3 puntos quedaban na casa. Menos ocasións claras que no primeiro tempo para os dous equipos pero a mesma sensación de falta de intensidade.

O mellor os 3 puntos vitais para seguir loitando polo primeiro posto que da o ascenso directo e o peor a imaxe de relaxación ou de falta de intensidade do equipo que deberá cambiar nos dous encontros que restan para rematar a liga.


Alineación: Javi, Gonchi, Jose, Marquitos, Pirri, Fran, Marín, Lamas, Diego, Juli, Jaco.
Suplentes: Iván (Pirri 78′), Adrián (Fran 84′), David (Marín 70′), Cuco (Lamas 89′).
Goles: Diego (11′,19′, 20′), Juli (49′).


Esta xornada acadouse a clasificación matemática para a fase de ascenso e tralas victorias do Once Caballeros e o Perillo todo segue igual (Once Caballeros-41, Atlético San Pedro-40, Perillo-39).

A próxima semana penúltima xornada, de novo na casa esta vez fronte o Brexo Lema B, a gañar e agardar un pinchazo do Once Caballeros.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>