Decidirase na volta

Partido moi igualado o que se vivíu en Os Pinares con resultado final de Brexo Lema ‘B’ 1 – Atlético San Pedro 0, un mal resultado para nós pero que deixa aberta a eliminatoria para o partido de volta.


Comezaron eles dominando o encontro pero sen conseguir transformar ese dominio dos primeiros minutos en ocasións. Pouco a pouco equilibrouse o partido pero tampouco nós fomos quen de crearlle grandes apuros ao seu porteiro. Así chegamos ao descanso, algunha chegada a ambas áreas pero sen demasiado perigo e 0-0 no marcador.

Na segunda máis do mesmo, partido sen dono claro en canto a ocasións e méritos para levarse a victoria, o empate parecía un resultado xusto ata que nun desaxuste defensivo do Atlético San Pedro eles lograban facer o 1-0 (68′). Tras isto todo continuou co mesmo guión, se cadra con máis chegada dos nosos, que terían nestes minutos as ocasións máis claras do encontro, unha de Diego que non atina a rematar ben e unha falta sacada por Lamas en centro-chut que petou no longueiro. E así morreu o encontro co 1-0 definitivo.


Alineación: Javi, Gonchi, Jose, Marquitos, Pirri, Juli, Marín, Lamas, Diego, Jaco, David.
Suplentes: Iván (Jaco 77′), Cuco, Fran Ares (Marín 59′).


Evidentemente non é o mellor resultado para o Atlético San Pedro pero a eliminatoria segue a estar aberta, sobre todo tendo en conta que no campo de Vilanova, dadas as súas dimensións, pode pasar calquera cousa, agardamos que neste caso para ben.

A volta o vindeiro domingo, 23 de marzo. Agardamos o voso apoio nun partido vital no que hai que sair a morte desde o primeiro minuto para manter vivo o soño do ascenso.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>