Fin do soño

Espertamos do soño, tocamos cos dedos o pase á eliminatoria final do mesmo xeito que tocamos cos dedos o ascenso directo fai 15 días, e do mesmo xeito espertamos de golpe. Despois de conseguir empatar a eliminatoria e ter ocasións para poder incluso remontala non fomos capaces de evitar os penaltis e tampouco fomos quen de estar atinados nesa faceta. Últimamente semella que se deixamos algo nas mans da sorte esta danos as costas. Toca voltar a empezar, traballar desde xa para o ano que ven poder soñar de novo.

O partido comezou controlado, dominando o Atlético San Pedro e eles esperando atrás, non había ocasións de gran perigo pero había que ter calma. Pouco a pouco o dominio foise igualando e a ocasión máis clara da primeira parte sería para eles, errando case que a portería baleira tras un pase desde o lateral da área. 0-0 ao descanso, 45 minutos por diante e moitos nervos.

Na segunda metade moito pelotazo e pouco toque, como na primeira, pero varias ocasións para marcar nós, dous fóras de xogo cando menos dubidosos, un tiro cruzado de Diego que parou o porteiro e que Marín non foi quen de marcar no rexeite e chegadas ao área con perigo, pola súa parte pouco no apartado ofensivo que destacar. Así chegamos ao momento do gol (81′), boa xogada, unha das poucas nas que fomos quen de combinar no medio campo, aparece desde segunda liña Juli, entra no área e bate ao porteiro do Brexo de tiro raso cruzado, golazo e aínda tempo por diante para darlle a volta á eliminatoria. Pero non sería así, ninguén foi quen de definir o partido, rematamos co 1-0 e aos penaltis.

Cinco nomes para comezar a tanda, Juli, Pirri, Fran, David e Diego, por ese orde. Empezamos tirando nós, Juli, á esquerda e o porteiro adiviña o lanzamento, erran tamén eles o primeiro enviando o balón directamente fóra, 0-0. Turno de Pirri, mesmo sitio que Juli e mesmo resultado, 0 de 2, eles non erran e póñense por diante, 0-1. Vai Fran, á dereita, de novo o porteiro acerta, incrible 0 de 3, eles marcan e a cousa ponse case que imposible, 0-2, dous goles de vantaxe e dous penaltis por tirar, non podíamos errar e eles non podían marcar. Tócalle a David, duro ao medio e gol, por fin entraba un pero semellaba demasiado tarde, eles marcaban de novo e xa non faría falla tirar o último…

Final, final do partido, final da eliminatoria e final dun soño no que todos traballamos para que se fixese realidade este ano. Non puido ser, agora é o momento de comezar a pensar no ano que ven, aprender dos erros e tentar repetir os acertos. Pero antes queda a copa, estaredes informados en canto sepamos datas.


Alineación: Javi, Gonchi, Jose, Marquitos, Pirri, Fran, Lamas, Juli, Diego, Marín, Jaco.
Suplentes: Cuco, Adrián, David (Jaco 75′), Iván (Marín 61′), Fran Ares.
Goles: Juli (81′).


Moitas grazas a todos os que nos apoiastes, a todos os que vos desprazastes, tanto onte como nalgún momento da tempada, e aos que non puidestes facelo pero apoiastes desde a distancia. O mellor destes momentos, consígase ou non o obxectivo, é ver a toda a familia do Atlético San Pedro unida, iso é o que nos fai fortes e é diso do que temos que estar orgullosos, todos unidos, fútbol base, adestradores e xogadores, pais e nais de xogadores de tódalas categorías, veteráns, antigos xogadores, afeccionados, veciños… isto é o que fai que todo o esforzo paga a pena.


¡AÚPA ATLÉTICO SAN PEDRO!


One comentario en “Fin do soño

  1. Belen Taboada

    Forza Atlético

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>