Gañar era o importante

Partido de nervos que había que gañar fose como fose fronte a un Brexo Lema B que se xogaba asegurar a clasificación para a fase de ascenso. Obxectivo cumprido e a xogarse o ascenso directo na derradeira xornada.

Parece ser que nos gusta darlle un toque de épica aos partidos e novamente nesta xornada comezaría adiantándose o rival no marcador (18′). Tocaba remontar outra vez. O partido estaba a ser tenso, houbo actitude, loita e ganas, pero faltaba calma para baixar o balón e tentar combinar un pouco. Neste ir e vir de pelotazos no que entramos os dous equipos atopamos o gol do empate (28′), Diego batía por baixo ca perna esquerda ao porteiro do Brexo facendo o 1-1 co que se chegou ao descanso. Pouco fútbol nesta primeira metade.

Na segunda parte as cousas non cambiaron moito en canto a fútbol, o balón non duraba moito tempo na terra. Nun deses balóns largos que tanto se viron no partido Diego gañaba as costas da defensa rival e lograba o 2-1 (53′) definindo no man a man co porteiro. Respiraba a xente con este marcador pero aínda quedaba moito partido por diante. Houbo algunha ocasión para acadar a tranquilidade co terceiro. Sobre todas destaca unha que pararía o porteiro do Brexo a tiro de Diego e que tampouco atinou o dianteiro atlético a meter entre os tres paos despois do rexeite. Tocaba sufrir, aínda que máis polo axustado do resultado que polas ocasións do rival que só nalgún remate a saque de esquina foi quen de crear algo de perigo.

O partido morreu sen que aparecese a calma que tanto precisábamos para tomar o control pero co obxectivo cumprido de sumar outros 3 puntos.


Alineación: Javi, Gonchi, Jose, Marquitos, Pirri, Fran, Jaco, Lamas, Diego, Juli, David.
Suplentes: Iván (Diego 66′), Marín.
Goles: Diego (28′, 53′).


Esta semana volveron a gañar o Once Caballeros e o Perillo co que chegamos á derradeira xornada con posibilidades de ascenso directo para os 3 equipos (Once Caballeros-44, Atlético San Pedro-43, Perillo-42).

A vindeira semana rematamos a liga fronte ao Cecebre no campo de Lendoiro, para ter opcións de acadar o primeiro posto que da o ascenso directo só serve a victoria e agardar que no enfrontamento directo entre Perillo e Once Caballeros saia vencedor o Perillo ou empaten.

Esperamos vervos alí apoiando ao equipo como sempre. 😉


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>