Comezamos con bo pé

Primeiro partido da Copa da 3ª Autonómica Grupo 4 onde estamos encadrados con Mesón do Bento, Hércules e Tambre.

Pouca historia, sen intensidade por parte dos dous conxuntos, case de pretempada en canto a ritmo de xogo. No minuto 17 xa estaba encarrilado co 0-2 (Lamas e Jaco) e o Tambre non semellaba ter moitas ganas de tentar a remontada.

Na segunda metade o mesmo conto pero con máis goles. No minuto 51 Lamas facía o 0-3, golazo de volea dende a frontal da área pola escadra, imparable. No 54 farían eles o 1-3 metendo o rexeite tras unha boa parada de Javi, que a piques estivo de atallar tamén o segundo remate. Viviríanse os únicos momentos de dúbida pola parte do Atlético San Pedro pero non duraron moito. Lamas redondeaba o hat-trick no 76 e Iván no 83 pechaba o marcador co exterior do pé entre as pernas do porteiro. Ao final 1-5 e aínda puideron ser máis.


Alineación: Javi, Iván, Jose, Gonchi, Juli, Pirri, Adrian, Lamas, Jaco, Fran, David.
Suplentes: Marín (Jaco 45′), Diegol (Pirri 78′).
Goles: Lamas (11′), Jaco (17′), Lamas (51′), Lamas (76′), Iván (83′).


Este domingo, segundo partido fronte ao Hércules, un derbi sempre é algo máis que un partido e hai que gañalo. Vémonos en Vilanova.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>