Comezamos con bo pé

Primeiro partido da Copa da 3ª Autonómica Grupo 4 onde estamos encadrados con Mesón do Bento, Hércules e Tambre.
Pouca historia, sen intensidade por parte dos dous conxuntos, case de pretempada en canto a ritmo de xogo.

Leer máis

Fin do soño

Espertamos do soño, tocamos cos dedos o pase á eliminatoria final do mesmo xeito que tocamos cos dedos o ascenso directo fai 15 días, e do mesmo xeito espertamos de golpe. Despois de conseguir empatar a eliminatoria e ter ocasións para poder incluso remontala non fomos capaces de evitar os penaltis e tampouco fomos quen de estar atinados nesa faceta. Últimamente semella que se deixamos algo nas mans da sorte esta danos as costas. Toca voltar a empezar, traballar desde xa para o ano que ven poder soñar de novo.

Leer máis

Decidirase na volta

Partido moi igualado o que se vivíu en Os Pinares con resultado final de Brexo Lema ‘B’ 1 – Atlético San Pedro 0, un mal resultado para nós pero que deixa aberta a eliminatoria para o partido de volta.

Leer máis

Primeiro encontro da fase de ascenso

Xa hai horario para o encontro de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda Autonómica G.2 na que o equipo de modestos do Atlético San Pedro, tras rematar 2º na liga, enfrontarase ao Brexo Lema ‘B’, 5º clasificado na mesma.

O encontro disputarase no campo de Os Pinares, casa do Brexo Lema, o vindeiro domingo 16 de marzo ás 17 horas.

Vémonos alí.

Amarga vitoria

Non puido ser, os nosos fixeron o seu traballo gañando ao Cecebre, pero tocaba agardar a ver que acontecía no partido que enfrontaba a Perillo e Once Caballeros, e gañaron os Once (3-4), e aínda por enriba o destino quixo que o fixeran da forma máis cruel posible para nós, no último minuto.

Leer máis