INFORMACIÓN SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS 2015


O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión do día 15 de outubro de 2015, concedeu ao noso clube a cantidade de 5.530 € (cinco mil cincocentos trinta euros), en concepto de:

Fútbol categorías: 3ª autonómica aficionados (xaneiro-xuño), 2ª autonómica aficionados (setembro-decembro), xuvenís, cadetes, infantís, alevíns (1 equipo xaneiro-xuño e 2 equipos setembro-decembro), benxamíns (2 equipos xaneiro-xuño e 1 equipo setembro-decembro) e prebenxamíns.

O que se fai público a efectos de cumprimentar o disposto no artigo IX das Bases específicas e convocatoria de subvencións para a promoción da cultura e o deporte. Ano 2015, que se publicou no BOP nº 105, do 5 de xuño.