INFORMACIÓN SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS 2015


Vai a notificación da Resolución 2952-16, pola que se ordena o pagamento do 40% restante da subvención de 2015 (2.212 €)

Notificase ao CLUB ATLÉTICO SAN PEDRO, con enderezo na Rúa Salvador Allende, nº 87 – 15176 Nós (Oleiros), Resolución da ia Tenencia da Alcaldía, delegada de Economía e Facenda n° 2952/16, de 22 de xullo, na parte que lle afecta:

”En data 15 de abril de 2016 ditouse o decreto da Alcaldía nº 1478/16 polo que se aproba a incorporación ao Orzamento en vigor dos remanentes procedentes do exercicio 2015, entre os cales se atopan os importes pendentes de aboamento ás entidades beneficiarias de subvencións concedidas pala Xunta de Goberno Local en sesión de data 15 de outubro de 2015.

Unha vez vistas as xustificacións presentadas palas entidades beneficiarias formulouse polo órgano instrutor propostas de pagamento con data 16 de xuño das que presentan xusáricacións dos gastos efectuados despois da subsanación das eivas detectadas e palas que foran requiridas;

Unha vez visto o informe da Asesora Xurídica de Cultura/ Ensirw Deportes/ Formación e Emprego e Xuventude data 22 de xul/o de 2016/ e considerando:

En virtude das atribucións contidas no artigo 21 da Leí 7/85, de 2 abril delegadas a esta Tenencia de Alcaldía a través do Decreto da Alcaldía núm. 2586/2015, de 18 de xuño/ modificado por Decreto da Alcaldía núm. 2797/2015 de 8 de xullo/

RESOLVO:

– Recoñecer a abriga e ordear o pagamento/ ás entidades que se relacionan a continuación das cantidades que se específican en concepto de liquidación de pagamento do importe restante da subvención que /les foi concedida pala Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día quince de outubro de dous mil quince:

– Que se proceda ao pagamento das cantidades sinaladas no punto 3°.

– Comunicar o contido da presente Resolución aos Departamentos de Contabilidade e Tesoureiría e notifica/a ás entidades afectadas/ aos efectos oportunos.

Contra esta Resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor ante este mesmo órgano recurso potestativo de reposición nos términos previstos nos artigas 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de un mes dende o día seguinte a aquel en que se notifique o presente acordo. Asimesmo poderá interpor recurso contencioso administrativo diante do Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito sinalado anteriormente. Todo isa sen prexuizo da posibilidade de interpor recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da devandita Lei.

……………………………………………………………………………………………………………………………..

O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión do día 15 de outubro de 2015, concedeu ao noso clube a cantidade de 5.530 € (cinco mil cincocentos trinta euros), en concepto de:

Fútbol categorías: 3ª autonómica aficionados (xaneiro-xuño), 2ª autonómica aficionados (setembro-decembro), xuvenís, cadetes, infantís, alevíns (1 equipo xaneiro-xuño e 2 equipos setembro-decembro), benxamíns (2 equipos xaneiro-xuño e 1 equipo setembro-decembro) e prebenxamíns.

O que se fai público a efectos de cumprimentar o disposto no artigo IX das Bases específicas e convocatoria de subvencións para a promoción da cultura e o deporte. Ano 2015, que se publicou no BOP nº 105, do 5 de xuño.