Resultados do fútbol base

Esta xornada no fútbol base repartíronse as victorias e as derrotas case que a partes iguais. Gañaron o Prebenxamín, Benxamín ‘B’, Alevín e Xuvenil, e perderon Benxamín ‘A’, Infantil e Cadete.

Prebenxamíns: Arteixo ‘B’ | 1 – 2 | At. San Pedro
Benxamíns ‘A’: Once Caballeros | 2 – 1 | At. San Pedro ‘A’
Benxamíns ‘B’: Luis Calvo ‘D’ | 1 – 6 | At. San Pedro ‘B’
Alevíns: Arteixo ‘A’ | 3 – 4 | At. San Pedro
Infantís: At. San Pedro | 0 – 6 | Rayo Sadense
Cadetes: Sada | 3 – 2 | At. San Pedro
Xuvenís: At. San Pedro | 5 – 1 | Órdenes ‘B’

Xa estamos en twitter: @at_sanpedro

Ademáis de facebook agora tamén estamos en twitter, unha nova canle de comunicación para poder estar, se cadra, un pouco máis preto de todos vos.

Seguídenos en @at_sanpedro (www.twitter.com/at_sanpedro)

entrega-camiseta-grupowork


Antes do inicio do partido fronte o Brexo Lema ‘B’ do pasado domingo fíxose entrega a GRUPO WORK, patrocinador de tódalas categorías de fútbol 11 do club, dunha camiseta do Atlético San Pedro enmarcada coas fotos oficiais das plantillas dos equipos patrocinados (infantís, cadetes, xuvenís e modestos).

Na foto (de esquerda a dereita): Gonzalo Campesino (representante do equipo infantil), Daniel Alcalde (representante do equipo xuvenil), Francisco J. Sánchez (representante do equipo modesto), Francisco Alonso (representando a GRUPO WORK) e Adrián Alonso (representante do equipo cadete).

Gañar era o importante

Partido de nervos que había que gañar fose como fose fronte a un Brexo Lema B que se xogaba asegurar a clasificación para a fase de ascenso. Obxectivo cumprido e a xogarse o ascenso directo na derradeira xornada.

Leer máis