entrega-camiseta-grupowork


Antes do inicio do partido fronte o Brexo Lema ‘B’ do pasado domingo fíxose entrega a GRUPO WORK, patrocinador de tódalas categorías de fútbol 11 do club, dunha camiseta do Atlético San Pedro enmarcada coas fotos oficiais das plantillas dos equipos patrocinados (infantís, cadetes, xuvenís e modestos).

Na foto (de esquerda a dereita): Gonzalo Campesino (representante do equipo infantil), Daniel Alcalde (representante do equipo xuvenil), Francisco J. Sánchez (representante do equipo modesto), Francisco Alonso (representando a GRUPO WORK) e Adrián Alonso (representante do equipo cadete).