Xa estamos en twitter: @at_sanpedro

Ademáis de facebook agora tamén estamos en twitter, unha nova canle de comunicación para poder estar, se cadra, un pouco máis preto de todos vos.

Seguídenos en @at_sanpedro (www.twitter.com/at_sanpedro)

entrega-camiseta-grupowork


Antes do inicio do partido fronte o Brexo Lema ‘B’ do pasado domingo fíxose entrega a GRUPO WORK, patrocinador de tódalas categorías de fútbol 11 do club, dunha camiseta do Atlético San Pedro enmarcada coas fotos oficiais das plantillas dos equipos patrocinados (infantís, cadetes, xuvenís e modestos).

Na foto (de esquerda a dereita): Gonzalo Campesino (representante do equipo infantil), Daniel Alcalde (representante do equipo xuvenil), Francisco J. Sánchez (representante do equipo modesto), Francisco Alonso (representando a GRUPO WORK) e Adrián Alonso (representante do equipo cadete).

Gañar era o importante

Partido de nervos que había que gañar fose como fose fronte a un Brexo Lema B que se xogaba asegurar a clasificación para a fase de ascenso. Obxectivo cumprido e a xogarse o ascenso directo na derradeira xornada.

Leer máis